A feira desenvolverase entre as 11 da mañá e as 6 da tarde co seguinte programa:
- 11.00 h: APERTURA da feira cos postos de produto labrego, artesanía e segunda man xa montados
- 12.00 h.: Concerto de SON E RELAXACION con Ana Prema, que nos acompañará ó longo de todo o día con sesións individuais, ou en grupos pequenos, facendo terapias con gongs e cuncas tibetanas
- 13.00 h.: O APALPADOR visita a feira do noso para coñecer ós rapaces e rapazas do barrio do Castiñeiriño. Para saber máis pincha aquí
- 14.00 h: XANTAR DE CARAPUCHIÑA, cadaquén vén ca súa cestiña para xantar todos xuntos e compartir o que traemos da casa ou mercamos na feira.
- 16.00 h.: Concerto de SON E RELAXACIÓN con Ana Prema para aqueles que non poideron participar pola mañá.
- 17.00 h: COMERCIO XUSTO e DEGUSTACIÓN de café e/ou té coa xente de Panxea, que nos veñen acompañar tamén na feira. Para saber máis pincha aquí
- 17.30 h.: A mover o corpo coa BATUKADA de Trópico de Grelos, café, té e música, que máis se pode pedir?
- 18.00 h.: PECHE da feira e de aquí todos e todas ó concerto de corais que empeza a esta hora no centro sociocultural







