PAIASOS NO CASTI!

 


PAIASOS NO CASTI O VENRES 25

Un ano máis Pista catro regálanos unha actuación dentro de seu programa PERIFEIRA, PAIASOS NO RURAL DE COMPOSTELA, programa de achegamento das actuacións de rúa ás zonas periféricas de Santiago.

Este ano contaremos cunha actuación musical a cargo de Xabier Mera e o espectáculo de circo O autoestopista galáctico.


Data: venres 25 de setembro

Hora: 6 da tarde

Lugar: cancha de baloncesto do centro sociocultural do Castiñeiriño


Debido ó dichoso coronavirus, só se poderán ocupar os sitios de que dispoña o espazo para estar sentados. Non hai inscrición, así que iranse ocupando as sillas segundo se vaia chegando e cando estén todas cubertas... sentímolo moito pero para a próxima!


Non facemos inscrición porque a xente éche moi irresponsable e en ocasións anteriores que si se fixo inscrición ao final quedaron a metade dos sitios valeiros e moita xente sen poder asistir!

© O Castiñeiriño, o noso barrio, o barrio de todos | Powered by Blogger | Design by Enny Law - Supported by IDcopy