E aquí estamos un ano máis celebrando o magosto no barrio do Castiñeiriño!
O encontro será o sábado 16 de novembro, despois do San Martiño coma sempre, a partir das 6.30 da tarde no patio do local das asociacións.
Este ano a Asociación cultural Xurásica ofrécenos un concerto con Paco Nogueiras e Ukestra, contando con gaiteiros foliadeiros ó longo da tarde.
Para os máis cativos e cativas haberá pintacaras tamén ó longo da tarde.
Imos montar os toldos coma sempre, pero á vista do tempo que nos acompaña vide ben abrigados/as!
Agardamos por vós!
Colaboran e financian o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña.
