CORONAVIRUS: MEDIDAS DO CONCELLO DE SANTIAGO




MEDIDAS DO CONCELLO DE SANTIAGO NA CRISE DO CORONAVIRUS


Desde o Concello de Santiago de Compostela están traballando con dous obxectivos: cubrir as necesidades básicas da cidadanía nunha situación como a que estamos a vivir; e ao mesmo tempo, minimizar o impacto da crise provocada polo COVID19, cunha serie de medidas que teñen como finalidade aliviar a carga fiscal de familias e empresas. 
 
Estas son as medidas en concreto que se están a tomar:
 
-O goberno local aproba un abano de medidas para aliviar a carga fiscal de familias e empresas. Aquí podedes atopar un resumo das medidas adoptadas na Xunta de Goberno Extraordinaria do 25.03.2020. Ao final en documentación está o resumo da mesma. 
 
http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=19430
 
-As familias en situación de vulnerabilidade poden acceder a tickets especiais de compra nos principais supermercados da cidade e nas tendas de barrio. Ao final da noticia, na documentación adxunta, podedes atopar a relación de estabelecementos nos que se pode facer uso dos tikets especiais de compra ata esta data e de novo, un resumo das medidas adoptadas na Xunta de Goberno Extraordinaria do 25.03.2020. 
 
http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=19429
 
-A ORA será gratuita en todas as zonas da cidade, excepto na contorna da Praza de Abastos.  Aquí podedes atopar un resumo das medidas adoptadas na Xunta de Goberno Extraordinaria do 23.03.2020. Ao final, en documentación está o resumo da mesma. 
 
http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=19427&lg=gal
 
-Os servizos destinados á protección das vítimas de violencia de xénero, adáptanse a crise do coronavirus. Aquí podedes atopar a información: 
 
http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=19426&lg=gal
 
-Posta en funcionamento do teléfono 010, o venres 20 de marzo, co obxectivo de centralizar as demandas de atención social.  Aquí podedes atopar un resumo das medidas adoptadas na Xunta de Goberno Extraordinaria do 18.03.2020. Ao final, en documentación está o resumo da mesma. 
 
http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=19424&lg=gal
 
Recordade que todas estas medidas están recollidas na páxina web do concello (http://santiagodecompostela.gal/) no seguinte enlace: 
 
http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=19410&lg=gal
 
 
Esperando que todos e todas vos atopedes ben, enviámosvos un agarimoso saúdo. 

#Compostelaquedanacasa
© O Castiñeiriño, o noso barrio, o barrio de todos | Powered by Blogger | Design by Enny Law - Supported by IDcopy