Facendo barrio, setembro 2019
No mes de marzo as asociacións que están a desenvolver as súas actividades no barrio do Castiñeiriño xuntáronse para coñecerse, falar e organizarse formando unha coordenadora de asociacións.
A raíz da primeira xuntanza, acordouse como primeiro paso importante para darse a coñecer, a edición dun boletín de actividades mensuais, onde a xente do barrio, e de fóra, se poida enterar de todas as actividades programadas para ese mes e non ter que andar a buscar a información por todas partes.
Así nace FACENDO BARRIO, o boletín mensual de actividades que podedes consultar nas diferentes asociacións, no centro sociocultural do Castiñeiriño, nas redes (FB das asociacións e do centro) e, agardamos que en breve, nunha app para o móbil.
Aquí queda o do mes de setembro, con moitas e interesantes actividades que facer.