ENTROIDO 2023

 



Entroido 2023: concurso de filloas e disfraces

CARTEL          BASES CONCURSO


Este ano imos celebrar de novo o Entroido co xa tradicional concurso de filloas e disfraces e, para remate, merendola de chocolate e rosca.


Data: sábado 25 de febreiro
Horario: a partir das 18.30 horas
Lugar: Centro sociocultural Agustín Bueno do Castiñeiriño

CONCURSO DE FILLOAS:
Maiores de 10 anos

Modalidade tradicional:
entregaranse tres premios, o primeiro será unha caheira, o segundo un lacón e o terceiro chourizos 


Só se poderá presentar un prato de filloas por categoría. Mínimo 30 filloas por prato.


CONCURSO DE DISFRACES:
Infantil:
De 0 a 12 anos de idade.
Entregarase un premio de 30 euros, outro de 20 euros e outros cinco de 10 euros. Os premios serán valen canxeables por material educativo, didáctico ou libros.


Inscrición para os concursos: no centro sociocultural o mesmo día de 17.30 a 18.15 horas.
Máis información no enlace das bases.


Colaboran e financian o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña
 
© O Castiñeiriño, o noso barrio, o barrio de todos | Powered by Blogger | Design by Enny Law - Supported by IDcopy