INSCRIBETE FEIRA






Para montar o teu posto só tes que cubrir a ficha de solicitude de participación e mandala ao correo electrónico que se indica nela:




Ao enviar a solicitude comprométeste a cumprir as seguintes NORMAS:

Solicitude

Esta solicitude está pendente de admisión. No caso de ser aceptada a persoa/entidade solicitante fica suxeita ás seguintes normas de participación:
1. A asociación veciñal O Castiñeiro asume en exclusiva a competencia de ordenación e control da Feira, incluíndo a aceptación das solicitudes, a delimitación de zonas e a distribución dos postos.

2. A data límite de solicitudes é o 19 de decembro de 2018, ás 14:00 horas.

3. As solicitudes  poderán ser presentadas empregando algún dos seguintes medios:
   a. Presentación no Centro Sociocultural Agustín Bueno do Castiñeiriño (Rúa Virxe de Fátima nº2, O Castiñeiriño, Santiago de Compostela)
   b. Por correo electrónico:  daquidarredor@gmail.com ou info@avvcastinheirinho.gal   
             
4.A organización resérvase o dereito de modificar o que considere oportuno.


Organización da feira

1. A asociación veciñal O Castiñeiro encárgase da organización da feira e é o responsable de situar ás persoas/empresas participantes nos lugares que se lles indique.

2. As persoas/empresas participantes estarán obrigadas a manteren o seu posto en condicións de hixiene e orde e a recolleren os residuos que xere a súa actividade.

3. As persoas ou empresas participantes na feira deberán traer o mobiliario necesario para instalaren o seu posto (mesas, sillas, manteis para cubrir as mesas, alongadeiras para conectar luz...).

4. O día 20 de outubro de 2014 entrou en vigor o decreto polo que se regulan en Galicia as condicións de venda directa dos produtos primarios desde as explotacións ao consumidor final. As persoas que teñan postos de venda de produtos primarios deberán de cumprir coas normas que establece o Decreto 125/2014, do 4 de setembro, polo que se regula en Galicia a venda directa dos ditos produtos desde as explotacións á persoa consumidora final.


Acceso dos postos ó recinto da feira

O lugar de celebración da feira é o local das asociacións do barrio do Castiñeiriño, nas instalacións do antigo CEIP Ramón Cabanillas, situado na rotonda, ao lado da igrexa. O acceso organizarase do seguinte xeito:

1. O acceso á feira para montar os postos abrirase entre as 9 e as 10.45 da mañá. Cada posto terá asignado un número e un espazo determinado.

2. A partir das 10:45 horas non se permitirá o acceso de ningún posto.

3. Non se poderá deixar o coche no espazo habilitado para a feira, agás os que sexan imprescindibles para a venda.

4. A feira desenvolverase de xeito continuo entre as 11.00 e as 18.00 horas, polo que non se poderá desmontar antes das 18:00 horas. Para desmontar primeiro desmóntase o posto, e logo métese o vehículo para cargar o material.










© O Castiñeiriño, o noso barrio, o barrio de todos | Powered by Blogger | Design by Enny Law - Supported by IDcopy