NADAL NO BARRIO: OBRADOIROS PARA A RAPAZADA



Obradoiros de conciliación no nadal

   


De cara ás vacacións escolares do nadal, a asociación veciñal O Castiñeiro e a asociación cultural Anoando propoñen este ano a realización de obradoiros 3 horas ó día polas mañás para rapaces de 4 a 14 anos co fin de facilitarlle ás familias o traballo e a organización destas datas.


Actividade: obradoiros en torno ó mundo da música e da percusión, as artes, a cultura...
          - Obradoiros lúdicos para os máis pequenos, de 4 a 6 anos de idade
          - Obradoiro de percusión para os non tan pequenos, de 7 a 14 anos de idade
Datas: 23-24-26-27-28 de decembro
Horario: polas mañás de 10 a 13 horas, podendeo deixalos entre as 9 e as 10 e recollelos entre as 13 e as 14 horas
Lugar: locais das asociacións, no antigo colexio Ramón Cabanillas, e centro sociocultural
Participantes: rapaces e rapazas de 4 a 14 anos de idade, mínimo 20
Cota: de balde


Inscrición: ata o 16 de decembro no centro sociocultural do Castiñeiriño ou:
          - correo: ocastinheirinho@gmail.com
          - whatsapp: 667 665 705 (respostaremos de luns a venres de 16 a 20 horas)

Mínimo 20 persoas por semana para a súa realización. Admisión por orde de inscrición.


 


Colaboran e financian o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña
 
© O Castiñeiriño, o noso barrio, o barrio de todos | Powered by Blogger | Design by Enny Law - Supported by IDcopy