BUSCASE PAI CON FILLOS/AS


Búscanse pais con fillos/as para unha actividade de contacontos


Desde a biblioteca da asociación veciñal queremos propoñervos unha actividade que nos parece moi interesante para celebrar no mes de marzo, o mes dos pais.

Propoñémosvos que os pais lle adiquedes unha hora, o día que vos vaia ben a todos, ós vosos fillos e ás vosas fillas para contarlles un conto, a eles e ós amigos e amigas que se acheguen ese día a escoitarvos.

Non fai falta que aprendades un conto de memoria, podedes traer o libro preferido dos vosos nenos e nenas para compartilo con todos os outros nenos e nenas do barrio.

Non sei que vos parece, pero pode ser interesante, e, como mínimo, estarán os vosos fillos e fillas para escoitarvos!

Se vos animades, podedes apuntarvos no centro sociocultural ao longo desta semana e a que vén, poñamos por caso, ata o 24 de marzo. Despois xa vemos que día nos vai mellor á maioría para quedar e contar contos!

Se preferides, podedes tamén apuntarvos por whatsapp no 667 665 705 ou por correo electrónico en info@avvcastinheirinho.gal

Vémonos de contos!



Colaboran e financian o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña
 
© O Castiñeiriño, o noso barrio, o barrio de todos | Powered by Blogger | Design by Enny Law - Supported by IDcopy