IMOS Á FEIRA DA CAMELIA E O BONSAI


Imos de feira á exposición da camelia e o bonsai


Desde a asociación veciñal, este ano queremos propoñervos unha actividade nova, IMOS Á FEIRA!, ca que queremos darlle visibilidade ás numerosas feiras artesanais, agrícolas, de segunda man... que hai arredor de nós.

Empezamos o programa coa visita á VI Exposición da camelia e do bonsai que se fai no convento do Carme, en Padrón.

Data: domingo 30 de marzo
Saída: ás 10.45 da igrexa do Castiñeiriño
Programa:
      - 11.30 Contacontos musicado
      - 12.30 Charla sobre o cultivo da camelia e as súas variedades
      - 14.00 Xantar co que merquemos alí nos postos de comida que hai
      - 16.00 Obradoiro de técnicas de arte floral
      - 17.00 Charla sobre a vespa velutina
Prezo: se somos poucos e imos nos nosos coches gastaremos o que nos custe a gasolina, o xantar, os cafés... Se somos un grupo xeitoso a idea é alugar un autobús e pagalo entre todos. Segundo os que sexamos valoraremos as opcións.

Non é obrigatorio asistir ás actividades do programa, hai varias exposicións permanentes no recinto da feira e, se non, sempre podedes ir tomar un café e dar un paseo por Padrón ou polo Santiaguiño.

 Inscrición: se queredes vir de feira podedes apuntarvos no centro sociocultural, enviar un whatsapp ó teléfono 667 665 705 ou enviar un correo a info@avvcastinheirinho.gal

Vémonos de feira!


Colaboran e financian o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña
 
© O Castiñeiriño, o noso barrio, o barrio de todos | Powered by Blogger | Design by Enny Law - Supported by IDcopy