FILLOAS E DISFRACES NO ENTROIDO 2019



Entroido 2019: concurso de filloas e disfraces

CARTEL          BASES CONCURSO


Este ano imos celebrar de novo o Entroido co xa tradicional concurso de filloas e disfraces e, para remate, merendola de chocolate e rosca.


Data: sábado 9 de marzo
Horario: a partir das 18.30 horas
Lugar: Centro sociocultural Agustín Bueno do Castiñeiriño

CONCURSO DE FILLOAS:
Maiores de 10 anos

Modalidade tradicional:
entregaranse dous premios, o primeiro será un lacón e o segundo unha caheira

Modalidade innovadora:
entregaranse dous premios, o primeiro será un lacón e o segundo unha caheira

Só se poderá presentar un prato de filloas por cada unha das modalidades. Mínimo 30 filloas por prato.


CONCURSO DE DISFRACES:
Infantil:
De 0 a 12 anos de idade.
Entregarase un agasallo sorpresa ós/ás 30 primeiros/as inscritos/as e un premio de 30 euros, outro de 20 euros e outros tres de 10 euros. Os premios serán valen canxeables por material educativo, didáctico ou libros.

Xuvenil/adulto
De 13 a 99 anos de idade
Entregaranse dous premios, o primeiro será un lacón e o segundo unha caheira

Inscrición para os concursos: no centro sociocultural de 18.00 a 18.30 horas.
Máis información no enlace das bases.


Colaboran e financian o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña
 


© O Castiñeiriño, o noso barrio, o barrio de todos | Powered by Blogger | Design by Enny Law - Supported by IDcopy