SARDIÑADA E FOLIADA DO XAN NO CASTIÑEIRIÑO!



Celebramos o día das cacharelas con sardiñas e foliada


Desde a asociación veciñal queremos convidarvos á tradicional celebración do San Xoán e a entrada do verán cunha sardiñada e coa foliada do Xan, para a que contamos coa colaoración do grupo de gaiteiros e pandereteiras Silva Verde da asociación cultural Amigos do Castiñeiriño.

Data: sábado 29 de xuño
Hora: ás 7.30 da tarde
Lugar: patio do local das asociacións
Prezo: entrada gratuíta
Inscrición: non é necesario facer inscrición previa, entrada libre ata cubrir aforo

Vémonos de foliada! Vide con ganas de cantar e bailar!


Colaboran e financian o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña
 
© O Castiñeiriño, o noso barrio, o barrio de todos | Powered by Blogger | Design by Enny Law - Supported by IDcopy