COÑECE O TEU BARRIO: ANDAINA O 23 DE XUÑO



Andaina polo barrio o domingo 23 de xuño

   


O vindeiro domingo 23 de xuño, víspera do San Xoán, imos facer unha andaina polo barrio e arredores, pola zona do Combarro, Outeiro, Paidacana, se nos animamos chegaremos ata o banquete de Conxo e volta para a casa.


Actividade: roteiro a pé, podes levar o can pero ten que estar ben controladiño!
Datas: domingo 23 de xuño
Horario: saímos ás 11 e durará un par de horas
Lugar: saída do patio do local das asociacións (antigo colexio Ramón Cabanillas)
Participantes: toda a xente que se anime a camiñar un par de horas
Cota: actividade gratuíta


Inscrición: ata 2 días antes no centro sociocultural do Castiñeiriño ou:
          - correo: ocastinheirinho@gmail.com
          - whatsapp: 667 665 705 (respostaremos de luns a venres de 16 a 20 horas)




Colaboran e financian o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña
 
© O Castiñeiriño, o noso barrio, o barrio de todos | Powered by Blogger | Design by Enny Law - Supported by IDcopy