OBRADOIROS DE CONCILIACIÓN NO VERÁN



Obradoiros de conciliación no verán

   


De cara ás vacacións escolares do verán, a asociación veciñal O Castiñeiro e a asociación cultural Anoando propoñen este ano a realización de obradoiros 3 horas ó día polas mañás para rapaces de 6 a 12 anos co fin de facilitarlle ás familias o traballo e a organización destas datas.


Actividade: obradoiros en torno ó mundo da música e da percusión, as artes, a cultura...
Datas: semanas do 1 de xullo ó 2 de agosto
Horario: polas mañás de 10 a 13 horas
Lugar: locais das asociacións, no antigo colexio Ramón Cabanillas
Participantes: rapaces e rapazas de 6 a 12 anos de idade, mínimo 20
Cota: 30 euros cada semana (pódesta apuntar por semanas soltas), esta cota inclúe a monitoraxe, material e seguro


Inscrición: ata o 16 de xuño no centro sociocultural do Castiñeiriño ou:
          - correo: ocastinheirinho@gmail.com
          - whatsapp: 667 665 705 (respostaremos de luns a venres de 16 a 20 horas)

Mínimo 20 persoas por semana para a súa realización. Admisión por orde de inscrición.


 


Colaboran e financian o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña
 

© O Castiñeiriño, o noso barrio, o barrio de todos | Powered by Blogger | Design by Enny Law - Supported by IDcopy