MAGOSTO O SABADO 10



Magosto do Castiñeiriño o vindeiro sábado 10 de novembro a partir das 6.30 da tarde co grupo de música tradicional Silva verde do Castiñeiriño

CARTEL



Xusto despois do TEATRO, imos celebrar un ano máis o xa tradicional magosto do barrio, unha boa ocasión para vernos toda a veciñanza do Castiñeiriño e achegados. Castañas, empanada, bebidas, música, conversa... nono perdades!


Destinanatios/as: persoas de todas as idades
Data: Sábado 10 de novembro de 2018
Horario: a partir das 18.30 horas
Lugar: patio cuberto (patio do antigo colexio Ramón Cabanillas)
Cota: entrada libre e gratuíta

Unha vez máis, contamos coa colaboración do grupo de  música tradicional SILVA VERDE do Castiñeiriño que nos van acompañar coa súa música durante o magosto. Vide con ganas de cantar e bailar!


E NON LLE TEÑADES MEDO Ó FRÍO, ESTE ANO XA TEMOS OS TOLDOS PARA PECHAR TODO O PATIO CUBERTO! IMOS ESTAR ALÍ DE MEDO, SEN AUGA NIN FRÍO!


Se te animas a botarnos unha man para preparalo todo, estaremos alí a partir das 5 da tarde cortando empadanas, colocando mesas e toldos e facendo lume para as castañas.
© O Castiñeiriño, o noso barrio, o barrio de todos | Powered by Blogger | Design by Enny Law - Supported by IDcopy