CON DÚAS MÁIS... PROGRAMA DE VOLUNTARIADO


CON DÚAS MÁIS...


CARTEL          INSCRICION


Moitas veces o único que necesitan as asociacións para poder seguir facendo actividades e seguir traballando polo barrio son DÚAS MANS MÁIS que axuden.

Con este programa queremos darlle a oportunidade á veciñanza de botar unha man para que as asociacións poidan seguir ofertando as actividades que xa veñen desenvolvendo e poidan tamén ofrecer outras novas que se nos poidan ocurrir entre todos/as.

Se queres botar unha man só tes que deixar os teus datos de contacto e en breve chamarémoste para quedar un día todos/as xuntos/as para ver que podemos facer e como organizarnos.

O compromiso vai ser os días que poidas e ás horas que poidas, en días fixos ou en actividades puntuais.

Anímate a botar unha man polo teu barrio! Hai moitas cousas que se poden facer e fai falta xente animosa para facelas! Ti podes ser unha desas persoas!


PIDE INFORMACIÓN E APÚNTATE NA ASOC. VECIÑAL O CASTIÑEIRO:
· Centro sociocultural do Castiñeiriño
· Tel. 667 665 705, de luns a venres, de 16 a 20 horas
· info@avvcastinheirinho.gal




© O Castiñeiriño, o noso barrio, o barrio de todos | Powered by Blogger | Design by Enny Law - Supported by IDcopy