O 14 DE ABRIL... TEATRO


O vindeiro sábado 14 de abril, a asociación veciñal O castiñeiro en colaboración coa asociacion de mulleres Recandea organizan unha TARDE DE TEATRO no centro sociolcultural do Castiñeiriño.

A obra que se vai representar chámase "Isto non ten cura" e será posta en escea polo grupo Teatro Rocha Forte, do barrio da Rocha.

Os datos da actividade son:

Data: sábado 14 de abril
Hora: a partir das 6 da tarde
Lugar: centro socio cultural Agustín Bueno do Castiñeiriño

Ao remate da representación haberá unha MERENDA DE TODOS PARA TODOS, anímate e trae algo para compartir co resto da xente!
© O Castiñeiriño, o noso barrio, o barrio de todos | Powered by Blogger | Design by Enny Law - Supported by IDcopy