BÚSCANSE NAIS PARA CONTAR CONTOS!


Búscanse nais con fillos/as para unha actividade de contacontos


COS PAIS NON TIVEMOS ÉXITO NINGÚN, ASÍ QUE IMOS PROBAR CAS NAIS!

Propoñémosvos, igual que fixemos en marzo cos pais, que as nais lle adiquedes unha hora, o día que vos vaia ben a todas, ós vosos fillos e ás vosas fillas para contarlles un conto, a eles e ós amigos e amigas que se acheguen ese día a escoitarvos.

Non fai falta que aprendades un conto de memoria, podedes traer o libro preferido dos vosos nenos e nenas para compartilo con todos os outros nenos e nenas do barrio.

Non sei que vos parece, pero pode ser interesante, e, como mínimo, estarán os vosos fillos e fillas para escoitarvos!

Se vos animades, podedes apuntarvos no centro sociocultural ata despois de Semana Santa, poñamos por caso, ata o 26 de abril. Despois xa vemos que día nos vai mellor á maioría para quedar e contar contos!

Se preferides, podedes tamén apuntarvos por whatsapp no 667 665 705 ou por correo electrónico en info@avvcastinheirinho.gal

Vémonos de contos!



Colaboran e financian o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña
 
© O Castiñeiriño, o noso barrio, o barrio de todos | Powered by Blogger | Design by Enny Law - Supported by IDcopy